Onte, mércores 6 de marzo, o noso veciño de Espasante, Ramón Martínez Yáñez (máis coñecido como Ramón do Cabaleiro), recibiu a visita do alcalde, Valentín Calvín, a concelleira de Saúde e Educación, Ana Cartelle, e a traballadora social do Concello polo seu 100º aniversario.
Os responsables políticos felicitaron a Ramón e fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa, xunto cun ramo de flores, por chegar a tan redonda cifra de idade.
Parabéns, Ramón! Que sexan moitos máis!